Dez corais e orfeóns lucenses poñerán son ás letras galegas

O concerto terá lugar o mércores, a partir das 18:30 horas, na rúa Bispo Aguirre e na Praza Maior. Ese mesmo día tamén actuará a Banda Municipal e celebrarase un festival de danza tradicional, ás 12:00 e ás 13:00 horas, respectivamente

Previamente e para quentar motores, o 16 de marzo ás 20:00 horas, o Vello Cárcere acollerá a conferencia Armando Requeixo. Carlos Casares, vida e obra. Unha vez rematada leranse poemas musicados

Para celebra o Día Internacional dos Museos o Vello Cárcere será escenario dunha lectura pública de fragmentos dunha selecta escolma de obras da literatura universal censurados ao longo da historia

Xoves, 11 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dez corais e orfeóns lucenses poñerán son ás letras galegas

Dez corais e orfeóns lucenses poñerán son ás vindeiras letras galegas. Así o anunciou este xoves a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada de representantes dalgunha das agrupacións musicais que intervirán neste concerto, nun acto que tivo lugar na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías.

O concerto, que é a primeira vez que se vai a celebrar, terá lugar o propio Día das Letras Galegas, o mércores 17 de maio, a partir das 18:30 horas, na rúa Bispo Aguirre e na Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe nestes espazos. Actuará o Coro San Antonio, Orfeón Xoán Montes, Cantar Delas, Coral Hospital Xeral-Calde, Conxunto Vogal Lugh, Coral Ecos do Miño, Coral Polifónica Xolda, Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, Orfeón Lucense e Solo Voces. Terá unha duración de 90 minutos.

As obras que interpretarán son as seguintes, Quen puidera namorala, de Álvaro Cunqueiro, Fontiña do Caravel, de Uxío Novoneyra, Os teus ollos, de Curros Enríquez, Unha noite na eira do trigo, de Otero Pedrayo, Flor Nova, de Eduardo Pondal, Negra Sombra, de Rosalía de Castro, Sobre o sol e a lúa, de Valle-Inclán, Lela, de Castelao, O Carro de Manuel María e Eu de Marín Ausenteime , de Luis Pimentel. Ao rematar terá lugar unha actuación final no Quiosco da Música da Praza coas voces graves de todas as corais, que interpretarán a Alborada de Veiga e o Himno Galego.

Pola súa banda, os participantes amosáronse "encantados por este agasallo de xuntar a todos os coros de Lugo na cidade o Día das Letras Galegas".

Máis actividades conmemorativas das Letras Galegas

O mesmo día das Letras Galegas tamén terá lugar un concerto da Banda Municipal de Lugo, ás 12:00 horas na Praza maior, e un Festival de danza tradicional das nenas e nenos dos colexios de Lugo unha hora máis tarde. Está última actividade é promovida pola área de educación.

Previamente e para quentar motores, o martes 16 de marzo, ás 20:00 horas, o Vello Cárcere acollerá a conferencia Armando Requeixo. Carlos Casares, vida e obra. Unha vez rematada leranse poemas musicados. Ese mesmo día tamén arrincará a Feira do Libro Novo, que se estenderá ata o 21 de maio.

No acto Carmen Basadre enxalzou a traxectoria e o "enxeño xornalístico" de Casares, a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas. "Sen dúbida é un gran acerto da Real Academia Galega, na que el ingresou cando só tiña 36 anos", subliñou a edil, quen chamou á cidadanía  a usar a lingua galega ao longo de todo o ano.

Día Internacional dos Museos

Con motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano está dedicado a Museos e historia controvertidas: decir o indecoble, o Vello Cárcere será escenario dunha lectura pública de fragmentos dunha selecta escolma de obras la literatura universal censurados ao longo da historia. Será o día 17 e o 18, de 11:30 a 13:30 horas, e de 18:00 a 21:45 horas.

Audios

Máis info

Noticias relacionadas