Desde hoxe ábrese un punto informativo do San Froilán na praza da Constitución

Venres, 08 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello abre desde hoxe un punto informativo das festas de San Froilán na praza da Constitución que estará en servizo ata o día 12 de outubro.

Na caseta distribuirase información sobre as festas e tamén servirá de punto de venda de entradas para a proxección da película “Os Crebinsky” e dos catálogos das exposicións “Cores da historia” e “A memoria da cidade”.

A película “Os Crebinsky” proxectarase, no Auditorio da Facultade de Veterinaria, o día 6 de outubro, ás 21.30 hora e as entradas terán un custo de 4 euros. Os catálogos venderanse ó prezo de 2 euros e tamén se poden adquirir na Sala de Exposicións do Centro Cívico Uxío Novoneyra.

O horario de atención ó público será todos os días de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00, agás os días 6 e 7 de outubro nos que o horario será de 1..000 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Por outro lado, os museos municipais e o Centro de Interpretación da Muralla abrirán co seu horario habitual durante as festas.

sanfroilan.info

 

 

Noticias relacionadas