Deportes informa que a partir de mañá se elimina a cita previa nas Piscinas Municipais nalgunha das franxas horarias

O aforo permitido será do 90%, feito que estará controlado polo persoal da instalación, a fin de cumprir os protocolos e garantir a seguridade dos usuarios.

As piscinas municipais terán o acceso libre de luns a venres en horario de mañá, e sábados e domingos na súa totalidade.

Martes, 02 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes informa que a partir de mañá se elimina a cita previa nas Piscinas Municipais nalgunha das franxas horarias

O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Deportes que dirixe Mauricio Repetto, informa que a partires do mércores, 3 de novembro, se elimina a cita previa nas Piscinas Municipais de Frigsa e As Pedreiras nalgún dos tramos de horarios.

De tal xeito que “os deportistas poderán acceder libremente ata acadar o aforo do 90% permitido nas instalacións, feito que será controlado polo persoal”, segundo explicou o edil, ao tempo que lembra que permanecerán en vigor o resto das normas sanitarias establecidas, a fin de cumprir os protocolos e garantir a seguridade dos usuarios.

Luns a venres

Horario piscina de Frigsa

  • De 07:00 a 15:45, sen cita previa
  • De 15:45 a 22:30, con cita previa
  • Teléfono de contacto: 982 297 423

Horario piscina de As Pedreiras

  • De 08:00 a 15:30, sen cita previa
  • De 15:30 a 22:30, con cita previa
  • Teléfono de contacto: 982 297 310

Sábados e domingos

A partir do 3 de novembro, todos os sábados e domingos as Piscinas Municipais terán o acceso libre ata acadar o aforo do 90% permitido nas instalacións, en horarios tanto de mañá coma de tarde e ambas as dúas piscinas.

Noticias relacionadas