Deportes informa que o vindeiro mércores día 3 abren ó publico as piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras

Os horarios de apertura das piscinas minucipais serán de 07.00h a 23.00h nas instalacións de Frisga e de 08.00h a 22.45h nas Piscinas de As Pedreiras.

A apertura levarase a cabo cun aforo limitado a un nadador por calle

 
Martes, 02 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes informa que o vindeiro mércores día 3 abren ó publico as piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras

O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Deportes que dirixe Miguel Fernández, informa que o vindeiro mércores día 3 abren ó publico as piscinas municipais en horario de 07.00h a 23.00h nas instalacións de Frisga e de 08.00h a 22.45h nas Piscinas de As Pedreiras.  A apertura levarase a cabo cun aforo limitado a un nadador por calle e deixando tempo suficiente para proceder á limpeza e desinfección das instalacións, garantindo en todo momento o cumplimento dos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias.

Deportes estableceu o uso das instalacións en quendas dunha hora. En todos os casos, haberá que efectuar reserva realizandose a mesma no día anterior en horario de 20.00h a 22.30h a través dos telefonos:

  • As Pedreiras 982 297 310
  • Frigsa 982 297 423 

Noticias relacionadas