Deportes amplía o horario das pistas de atletismo de As Pedreiras e as de tenis de Frigsa e O Palomar desde o vindeiro martes

Adáptase á desescalada e mantén a obrigatoriedade de reservar o día anterior, así como a presentación do DNI e asinar unha declaración responsable sobre as normas de protección

Os horarios serán de 12.00 a 14.00 h. pola mañá, e 17.00 a 19.00 h. e de 20.00 a 23.00 h. pola tarde, reservando a franxa horaria de 19.00 a 20.00 horas aos maiores de setenta anos

Venres, 22 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes amplía o horario das pistas de atletismo de As Pedreiras e as de tenis de Frigsa e O Palomar desde o vindeiro martes

O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Deportes que dirixe Miguel Fernández, informa que a partir do martes, día 26 de maio, as pistas de atletismo de As Pedreiras así como as instalacións de tenis de Frigsa e O Palomar amplía os seus horarios aos usuarios, sendo de 12.00 horas a 14.00 horas en horario de mañá, de 17.00 horas a 19.00 horas e de 20.00 horas a 23.00 horas en horario de tarde, quedando reservada a franxa horaria de 19.00 horas a 20.00 horas ás persoas maiores de 70 anos. 

“Con esta ampliación adaptámonos a desescalada que se vai establecendo desde o Goberno central para extremar a protección da veciñanza”, sostén o edil Miguel Fernández.

Deportes mantén o uso das instalacións por franxas horarias, con quendas de 50 minutos. En todos os casos, haberá que efectuar a reserva o día anterior á realización da actividade a fin de garantir a seguridade e a protección dos usuarios.

No caso das pistas de atletismo, o aforo será de 30 persoas. No caso das pistas de tenis, so poderán xogarse partidos dun contra un. Ademais, tanto os baños como os vestiarios permanecerán pechados.

Os teléfonos de reserva das mesmas son:

  • As Pedreiras: 982 297 310
  • Instalacións de tenis de Frigsa: 982 297 423
  • O Palomar: 680 560 148

Para acceder á instalacións será preciso presentar o DNI así como asinar unha declaración responsable do cumprimento das normas de protección establecidas polas autoridades sanitarias, que será facilitada polo celador da instalación. No caso dos nenos e nenas, a declaración deberá estar asinada por algúns dos pais ou titor.

O edil  recorda que, “dende o Concello estanse a tomar medidas de limpeza excepcionais nas diferentes instalacións deportivas, pero convén actuar con responsabilidade, adoptando as medidas de hixiene e atendendo ás indicacións das autoridades sanitarias”.

Audio

  • O edil de Deportes, Miguel Fernández, sobre os horarios das instalacións deportivas | Descargar mp3

Noticias relacionadas