Dende o Lugo italiano ao noso Lugo en motocicleta para establecer un intercambio cultural sólido

Lara Méndez recibiu este luns a un grupo de cinco motociclistas que chegaron á Praza Maior para trasladar unha mensaxe de amizade ao pobo lugués de parte do municipio italiano

Luns, 14 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dende o Lugo italiano ao noso Lugo en motocicleta para establecer  un intercambio cultural sólido

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns a un grupo de cinco motociclistas do Lugo italiano, que chegaron á Praza Maior esta mañá para trasladar unha mensaxe de amizade ao pobo lugués de parte do municipio italiano, da súa veciñanza e, en particular, dun grupo de alumnos que estuda o idioma español.

Para a rexedora, este encontro supón unha excelente oportunidade para establecer relacións dun intercambio cultural sólido, capaz de converterse nun futuro en irmandamento.

Baixo o nome de Giro in Giro, este grupo de amigos con paixón pola moto iniciaron o pasado 6 de maio, en Piazza Barcca, a viaxe, e regrasarán o 19 de maio. O percorrido implica unhos 5.000 quilómetros, nos que ademais de Lugo visitarán outras cidades españolas e tamén francesas. A escola secundaria Silvio Pellico en Voltana di Lugo tamé particpa nesta iniciativa.

No encontro, houbo intercambio de agasallos. Concretamente, os motociclistas entregaron a Lara Méndez unha carta de agradecemento do Alcalde de Lugo, David Ranalli, así como distintos libros sobre a cidade e Francesco Baracca, as alcaprras de Rocca di Lugo e unha camiseta creada para a ocasión. Pola súa banda, a Alcaldesa envioulle ao seu homólogo o libro Lvcvs Avgvsti, A cidade romano-xermánica da Fisterra Ibérica. Xéneses e Evolución histórica, recibindo a escola e os motoristas tamén exemplares, ademais doutros agasallos como un baleira petos da Muralla, entre outros.

Noticias relacionadas