Dende o 1 de xuño e ata o 12 de outubro os centros da Rede Municipal de Museos teñen novos horarios de verán

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, anuncia os novos horarios de verán dos museos municipais, que entran en vigor hoxe luns 1 de xuño e que estarán vixentes ata o 12 de outubro

Luns, 01 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Interpretación da Muralla abrirá de luns a mércores de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas, de xoves a sábado de 11 a 19.30 e os domingos de 11 a 18 horas.

O Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL) abrirá de martes a sábado en horario de 11 a 13 y de 17 a 20 horas y los domingos de 17 a 20 horas.

A Domus de Mitreo, o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá abrirán de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 horas os domingos de 11.30 a 13.30 horas.

O novo horario na Casa dos Mosaicos entrará en funcionamiento a partires do 16 de xuño e será o seguinte: de martes a sábado de 11 a 13.30 e de 16 a 19.30 e os domingos de 11 a 14 horas.

En todos os centros da Rede Municipal de Museos a entrada é gratuíta.

Noticias relacionadas