Decorado con graffitis o Centro de convivencia Maruja Mallo

Mércores, 18 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, comprobaron hoxe como quedou a decoración con graffitis do exterior do Centro de convivencia Maruja Mallo.

O Centro de convivencia Maruja Mallo ten unha nova imaxe grazas ós seis graffitis feitos por artistas de Concepto Circo nas paredes do exterior do edificio.

Na visita, o Alcalde e a Concelleira estiveron acompañados polos autores dos graffitis que explicaron como fixeron o seu traballo e tamén por un dos usuarios do Centro, cuxo rostro aparece representado nunha das obras que se fixeron en dúas fases, a primeira no mes de marzo e a segunda, nas dúas últimas semanas.

Multimedia

Noticias relacionadas