Declaracións de Lara Méndez sobre o peche da Mariña

Luns, 06 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, realizou declaracións esta mañá nunha entrevista dunha emisora de radio en relación ao peche de estradas durante cinco días por un brote de COVID-19 con máis dun centenar de positivos na Mariña lucense, o cal “prioriza as eleccións autonómicas do próximo doce de xullo fronte á saúde dos veciños e veciñas da provincia de Lugo" así o manifestou a rexedora, na xornada na que deu comezo o confinamento establecido pola Consellería de  Sanidade.

“A unica medida que se tomou é un peche de estradas de 5 días, cando sabemos todos que o período de corentena é de 15 días, implica que ademais de non asumir a responsabilidade que lle corresponde ao señor Feijo, nos carga aos Concellos da mesma, competencias que como recordades esixía o Partido Popular cando comezou o estado de alarma no mes de marzo” mostrouse crítica Méndez.

Por iso, a alcaldesa de Lugo, insistiu en que "se trasladen as eleccións a outra data” se non se poden dar as condidións democráticas e optimas de saúde a lo menos na mariña lucense.

Audio

  • Declaracións da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o peche de A Mariña | Descargar mp3

Noticias relacionadas