David Prado presenta nun concerto gratuíto o seu novo disco El viaje perfecto, co apoio do Concello e a Deputación

David Prado actuará o vindeiro 1 de decembro no Auditorio Gustavo Freire, ás 20:30 horas

Mércores, 31 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello e a Deputación de Lugo, dentro do seu compromiso coa dinamización da vida cultural do municipio e do apoio aos artistas lucenses, impulsan un novo concerto, que o artista lucense David Prado ofrecerá na cidade, de xeito totalmente gratuíto. O espectáculo terá lugar o vindeiro 1 de decembro no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas, onde dará a coñecer os temas do seu novo traballo El viaje perfecto. As entradas, que son de balde, poden descargarse en www.davidprado.es  

El viaje perfecto

O lucense David Prado escolleu Lugo para tocar por primeira vez as cancións do seu novo proxecto musical, El viaje perfecto, antes de que saia á rúa, aínda que o mesmo día do concerto, o 1 de decembro, poderanse escoitar nas plataformas dixitais. Trátase dun traballo coordinado por Xusto Malejón e producido por Diego Grande, Iván Salgado e Diego Mosquera. Son dez temas nos que o artista experimenta cunha serie de sons cara ao pop, sen deixar a esencia que define as súas anteriores composicións. Para este novo título, Prado contou coa colaboración dos músicos Ralph Míguez e Luís Vivas.

David Prado

David Prado (Lugo, 1986) toca a guitarra desde os 8 anos e El viaje perfecto sería o seu cuarto disco, o segundo editado baixo selo,. Compuxo a letra da canción Ribeira Sacra, despois de tocar nos seus inicios nun bar de Belesar e que serviu para promocionar a riqueza desa zona. Tamén é autor do tema que conmemora os 50 anos do CB Breogán.

Noticias relacionadas