A das Letras Galegas, unha ponte turística proveitosa para o turismo de Lugo

Dende o pasado xoves ata domingo, en conxunto predominan as e os viaxeiros nacionais, o 80%, con 86 persoas en total procedentes de Europa e 71 americanos, é dicir case o 10% dos turistas desta ponte

Dentro da comunidade galega, como vén sendo habitual, destaca a visita dos viaxeiros e viaxeiras procedentes de A Coruña e Pontevedra

Martes, 22 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A das Letras Galegas, unha ponte turística proveitosa para o turismo de Lugo. Así o asegurou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, ante os datos que rexistrou a Oficina Municipal de Turismo e os museos e salas de exposicións municipais, que atenderon, en 4 días, a máis de 800 persoas.

Dende o pasado xoves ata domingo, o centro de atención ás persoas viaxeiras da Praza do Campo recibiu unha media de 97 persoas ao día, sendo o sábado o día de maior actividade, 157. Nesta nova ponte festiva, en conxunto predominan as e os viaxeiros nacionais, o 80%, con 86 persoas en total procedentes de Europa e 71 americanos, é dicir case o 10% dos turistas desta ponte. Dentro da comunidade galega, como vén sendo habitual, destaca a visita dos viaxeiros e viaxeiras procedentes de A Coruña (95) e Pontevedra (60).

No que se refire á rede museística municipal, a Casa dos Mosaicos foi o espazo que máis interese espertou nos e nas turistas, con 257 visitas; seguido do Centro Arqueolóxico de San Roque, a Sala de Exposicións Porta Miñá e o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

Nesta ponte, o Concello tamén ofreceu visitas guiadas, dúas enmarcadas no plan turístico sostible Terras de Auga e Cultura: unha que versaba sobre a arte e tradición no Camiño Primitivo, e outra polo rural de Lugo e o Corgo. Basadre remarcou a participación, cun total de máis de medio cento de persoas camiñantes, así como a acollida que tiveron distintas actividades enmarcadas dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral, ou outras rutas como a de Pasos con historia e concertos.

Audio

  • Carmen Basadre sobre a Ponte das Letras Galegas | Descargar mp3

Noticias relacionadas