Daniel Piñeiro participa nunha xornada de voluntariado ambiental, coa que colabora o Concello

Domingo, 24 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro participa nunha xornada de voluntariado ambiental, coa que colabora o Concello

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, participou este domingo nunha xornada de voluntariado ambiental, no parque fluvial entre a Ponte Romana e o Pazo de Feiras e Congresos. O Concello colaborou coa Fundación Oxígeno, a Fundación Biodiversidade e Decathlon Lugo con esta xornada, que se centrou na plantación de árbores e arbustos autóctonos, así como na recollida de residuos. 

Noticias relacionadas