Daniel Piñeiro clausura o Congreso constituinte da FeSMC de UXT na provincia de Lugo

O edil felicitou aos novos membros que van formar parte da dirección executiva desta federación, que engloba a traballadores de distintos sectores, tanto públicos como privados

Venres, 25 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro clausura o Congreso constituinte da FeSMC de UXT na provincia de Lugo

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, participou este venres na clausura do Congreso constituinte da nova Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT na provincia de Lugo, acto que  tivo lugar no Hotel Torre de Núñez.

Na súa intervención, Piñeiro felicitou aos novos membros que van formar parte da dirección executiva desta federación, que engloba a traballadores de distintos sectores, tanto públicos como privados.

O edil amosouse disposto a seguir mantendo o diálogo con todos os representantes dos traballadores, de cara a avanzar na mellora das condicións laborais, tanto dos empregados municipais, como dos que traballan en empresas contratadas polo Concello, grazas á implantación das cláusulas sociais que benefician a todos os contratos realizados pola entidade local.

Noticias relacionadas