Dan comezo as obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas

A actuacións contempla a reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas e a adaptación dos rexistros á nova rasante das vías.

Estas obras, contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020.

Martes, 28 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dan comezo as obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas

O tenente de alcaldesa responsable da área de Medio Rural, Miguel Fernández, comprobou o inicio das obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas.

Estas tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.

A maiores destas obras, tamén se melloraron unha estrada municipal en Tirimol, no núcleo de Seivane, e dúas estradas municipais en Pías, que parten da intersección da Estrada Provincial  LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo.

Todas estas obras, que contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020, realízanse para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que realizou a veciñanza destas parroquias.

Miguel Fernández destacou que “estas actuacións, moi necesarias, beneficiarán principalmente aos veciños e veciñas que utilizan as vías municipais a diario para efectuar os seus desprazamentos”.

Noticias relacionadas