Dan comezo as actividades deportivas do San Froilán nas que gozaran máis de 1500 persoas

Un total de 18 citas deportivas de máis dunha decena de modalidades diferentes, entre as que se atopa o ciclismo, fútbol sala, tiro con arco, atletismo, balonmán, hockey en liña, voleibol, judo, boxeo, pesca ou golf, entre outros

Miguel Fernandez destaca que nesta edición do San Froilan "Máis de 1.495 persoas poderán disfrutar do deporte na nosa cidade”

O Concelleiro de Deportes aproveitou a ocasion para agradecer persoalmente a implicación ós diferentes clubes deportivos da cidade pola colaboracion e implicacion deste amplo programa de actividades deportivas

Sábado, 28 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dan comezo as actividades deportivas do San Froilán nas que gozaran máis de 1500 persoas

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernandez, mantivo unha xuntanza previa o comezo das actividades deportivas do San Froilan con membros das diferentes asociacions as cales colaboraron e se implicaron outro ano máis no amplo programa de actividades que teran lugar dende este fin de semana ata que rematen as festas.

Os atletas que acompañaron nesta reunion previa ó edil foron Samuel Yanes, Sara Álvarez e Iván Carballeira, Jose Luis Díaz, Jesus Pedreira, Alberto Lamela, entre outros que agradeceron a implicación da concellería de deportes para levar a cabo as activades neste amplo calendario e ó longo do ano.

Un total de 18 citas deportivas de diferentes modalidades como, ciclismo, judo, squash, tiro con arco, carreira de montaña, futbol 2º división, baseball softball, golf, hockey en liña, billar Pool, pesca, voleiball, dardos ou balonman, teran lugar entre o 28 de setembro e o 19 de outubro na cidade de Lugo.

O Concelleiro de Deportes agradeceu de novo a implicación dos diferentes clubes deportivos da cidade pola colaboracion e implicacion deste amplo programa de actividades deportivas. E insiste que “O deporte será un dos principais protagonistas do San Froilán, o obxectivo é promover a participación dos veciños nun calendario de actividades que contempla moitas das disciplinas deportivas que se practican no noso municipio”.

Máis info

  • Calendario de Actividades Deportivas do San Froilán 2019 | Descargar pdf

Noticias relacionadas