Cubertas as 5 prazas de cabo coas que conta a plantilla de bombeiros

A Xunta de Goberno aprobou a cobertura en comisión de servizos de dous postos destes mandos intermedios no servizo de extinción de incendios e da xefatura de Cultura

Nomeado un oficial sepultureiro e incorporado na oficina do rural un enxeñeiro técnico agrícola

Concello e Xunta asinaron o convenio de colaboración para delegar na AGASP os proceso selectivos da Policía Local

Mércores, 20 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deu este mércores novos pasos de cara á dotación de persoal no Concello coa cobertura en comisión de servizos de dúas prazas de cabo no parque de bombeiros, co que quedan cubertas as cinco existentes na plantilla destes mandos intermedios, segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández. Ao mesmo tempo, continúa o proceso selectivo iniciado a principios de mes para a cobertura de 12 prazas de bombeiro incluídas nas ofertas de emprego público de 2015 e 2016, que rematará previsiblemente en mes e medio. Con estas 12 prazas, os efectivos pasarán dos 38 actuais a 44 (dado que seis das prazas que saen agora a oposición están xa cubertas por interinos), un número que subirá a 50, esto é un 25% con respecto á actual plantilla, coa cobertura das 6 prazas restantes previstas nas ofertas de emprego público. Estes 6 postos cubriranse de maneira interina cos suplentes que queden na lista resultante do proceso selectivo que está en marcha nada máis que este termine. Así, mesmo a praza de sarxento de bombeiros por promoción interna prevista na OEP de 2016 será convocada en breve.

Na Xunta de Goberno de hoxe tamén foi aprobada a cobertura da xefatura do servizo de Cultura, en comisión de servizos de carácter voluntario por período de un ano, en tanto non se procede á convocatoria dun concurso oposición para a cobertura definitiva do posto. Así mesmo, aprobouse o nomeamento correspondente á praza de oficial sepultureiro e esta mañá tomou posesión un enxeñeiro técnico agrícola, que xa se incorporou á oficina de atención ao rural. En ambos dous casos, son prazas incluídas na OEP do 2015.

Por outra banda, o Concello e a Xunta asinaron hoxe o convenio de colaboración para delegar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos da Policía Local en quenda libre. As catro ofertas de emprego que sacou adiante o Goberno neste mandato contemplan un total de 140 prazas, 45 delas de policía, entre promoción interna e quenda libre. De maneira inmediata, o Concello comunicará á AGASP as prazas a convocar: 18 en quenda libre.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre as prazas cubertas  | Descargar mp3

Noticias relacionadas