A cuarta edición do Street Market celébrase o venres 14 de marzo polas rúas da cidade

Martes, 11 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, a Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real,  e o Presidente da Federación Galega de Comercio, Jose Maria Seijas, presentaron a cuarta edición do mercadillo Street Market, comercio na rúa que se celebra o próximo venres 14 de marzo.

Así, Carmen Basadre, destacou que esta iniciativa “servira para impulsar o comercio xa que a xente achegarase a Lugo para mercar nos establecementos da cidade onde se ofrecen ademais de calidade unha boa atención”. A Concelleira tamén destacou o algo número de participantes xa que está previsto que participen preto de 80 establecementos.

Por outra parte, Nora Real manifestou que “con esta iniciativa gañamos todos, por un lado os comerciantes que dan saída as súas mercadorías e, por outro lado, o consumidor que atopará oportunidades exclusivas”.

Nesta iniciativa participan máis de 80 establecementos de diversa índole que ofrecerán importantes descontos aos que se acheguen, así terán oportunidade de adquirir téxtil, complementos, zapatos, lencería, ou xoias. Os establecementos situados a maioría no centro histórico da cidade estarán abertos durante dende as 11 da mañá ata as 20.30.

Multimedia

Noticias relacionadas