Cristina López e Alexandre Penas visitan as obras do soto da Praza de Abastos

Na visita participaron representantes da empresa e persoal municipal para revisar as accións que se realizarán

Cristina López: "buscarase a mellor maneira para solucionar os problemas de filtracións atopados no soto”

Luns, 01 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Na visita participaron representantes da empresa e persoal municipal para revisar as accións que se realizarán  Cristina López: "buscarase a mellor maneira para solucionar os problemas de filtracións atopados no soto”

Os edís Cristina López e Alexandre Penas realizaron esta mañá unha visita ao soto da Praza de Abastos xunto con persoal técnico municipal e persoal da empresa encargada da realización dos traballos. Nesta xuntanza revisáronse “as distintas accións que se van executar no soto para mellorar o espazo e garantir a mellor calidade posíbel nesta instalación”, segundo explicou Cristina López.

A obra de rehabilitación do soto permitirá mellorar tanto o espazo adicado ao comercio como as zonas comúns, “que aínda que non son visitadas pola veciñanza, son moi importantes para as persoas que desenvolven a súa actividade comercial na Praza”, declarou Cristina López. Coa nova distribución, as praceiras e praceiros poderán contar, entre outras melloras, con cámaras frigoríficas de maior tamaño ou de zonas comúns como vestiarios. A edil de Participación explicou que “o persoal técnico municipal e da empresa está xa a traballar en atopar unha solución aos problemas de filtracións que se veñen dando no soto”.

 “Con estas medidas daremos solución a unha solicitude das praceiras e praceiros moi importante”, afirmou Cristina López, que engadiu “a reforma tamén contempla un mellor aproveitamento dos espazos destinados á venta”.  A rehabilitación do soto foi contratada por 586.625€, e un prazo de execución de 75 días. O proxecto inclúe a renovación de instalacións e servizos, como electricidade, auga, telecomunicacións e calefacción, ademais de mellorar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Audio

  • A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a visita as obras do soto da Praza de Abastos | Descargar mp3

Multimedia

  • Na visita participaron representantes da empresa e persoal municipal para revisar as accións que se realizarán  Cristina López: "buscarase a mellor maneira para solucionar os problemas de filtracións atopados no soto”

Noticias relacionadas