As creacións culinarias máis valoradas polo público do XI Concurso de Tapas ofreceranse de novo esta fin de semana

O xurado elixirá a tapa gañadora, a mellor tapa creativa, a mellor tapa tradicional e os mellores maridaxes con viño da denominación Ribeira Sacra e con cervexa

Venres, 06 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Na fotografía, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, e varios membros do xurado do XI Concurso de Tapas.

Un xurado visitará entre hoxe e mañá os 12 locais hostaleiros finalistas no XI Concurso de Tapas para decidir cal é a gañadora deste concurso, a mellor tapa creativa, a mellor tapa tradicional e os mellores maridaxes con viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e coa cervexa Estrella Galicia. As creacións culinarias máis valoradas, entre as que o xurado escollerá, ofreceranse de novo ao público durante toda a fin de semana.

Os locais finalistas, elixidos polos clientes, son: A Rotonda, Arrocería Os Cachivaches, As Tapiñas, Bríos Cervecería, Bulló Xantar, Campos, La Encian, Mesón Colón, O Mercado Street Food, Paprica, Parrillada Antonio e Xoldra.

O xurado estará dirixido por Quique Rodríguez, socio fundador da revista gastronómica dixital Gastronomicum e cociñeiro do Hotel Villa Magna de Madrid dende o 2004; que estará acompañado por Paco Sastre, chef do mundo empresarial e membro da xunta directiva da Asociación de Cocineros y Reposteros de Madrid; Jose Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra; e Tono Múgica, xornalista da Revista Ben Bo.

O horario estipulado para que o público poida degustar de novo as tapas máis valoradas é de 13:00 a 15:30 e de 20:00 a 22:30 horas, entre hoxe e o domingo.

Noticias relacionadas