Corte no Carril das Estantigas, entre as rúas Montevideo e Rúa Nova e a Muralla por obras de reforma

Martes, 01 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Corte no Carril das Estantigas, entre as rúas Montevideo e Rúa Nova e a Muralla por obras de reforma

Dende a área de Medio Ambiente informan que con motivo das obras de reforma e modernización da área de esparexemento para mascotas situada no Carril das Estantigas, entre as rúas Montevideo e Rúa Nova e a Muralla, para as que o Concello de Lugo destinou 48.158 euros, vaise proceder ao corte total de dito tramo dende esta mesma tarde ata o final das mesmas. As obras contan cun prazo máximo de execución de 4 semanas, polo que estarán rematadas antes de que finalice o ano.

As actuacións que se levarán a cabo serán as seguintes:

  • Eliminación de “labirintos” de setos, zonas que impiden a total visibilidade e que non contan con pavimento adecuado para cans.
  • Construción dun recinto previo á actual entrada, que permita a visibilidade. O recinto garantirá:
    • A seguridade, mediante a  instalación de dobre porta, con peche seguro automático con pestillo e resorte hidráulico.
  • A limpeza do recinto, coa retirada das papeleiras e instalación de contedores de residuos orgánicos e plásticos.
  • A limpeza animal, con acceso propio a unha área de lavado e cepillado caninos.
  • O recinto terá un pavimento pétreo, para facilitar a limpeza e desinfección por parte dos servizos municipais.
  • Instalación dunha área de estancia para os usuarios do canil, a realizar mediante unha estrutura de madeira, tipo parklet.
  • Substitución dos bancos existentes por outros cubertos na súa parte inferior, para evitar que os cans resulten feridos. Colocación dos novos bancos no perímetro, para que non interfiran nas zonas de xogo animal.
  • Ampliación da zona de jabre, pavimento brando de tipo árido, que abarcará a práctica totalidade do recinto.
  • Conservarase unha pequena zona verde na zona oeste, máis sombría e en contacto con arizónicas, onde o mantemento e limpeza do jabre sexa máis complicado; e ao redor da marquesiña de protección ante a choiva.
  • En todas as actuacións priorizarase a utilización de materiais naturais (madeira, jabre, pedra) e utilizaranse deseños respectuosos coa contorna patrimonial -paseo interior da Muralla Romana de Lugo.
  • Finalmente, colocaranse dúas portas que permitan o acceso ao paseo interior da Muralla, de tal maneira que se facilite o mantemento dos xardíns da devandita zona.

Noticias relacionadas