A Corporación súmase á conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Luns, 02 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación súmase á conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A Corporación municipal, coa Alcaldesa, Lara Méndez, á cabeza, sumouse á conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra este luns, 2 de abril, participando na lectura dun manifesto sobre a realidade e as necesidades das persoas con este trastorno e as súas familias. Jorge Vilaboa, usuario da asociación Raiolas, fixo lectura do escrito, un acto que tivo lugar na Praza Maior, diante da casa consistorial, e no participou tamén o Deputado provincial de Relacións Institucionais, Álvaro Santos.

Noticias relacionadas