A Corporación participa nos actos que pechan a Semana Santa 2018, cuxa solicitude de Interese Turístico irá mañá a Pleno

Domingo, 01 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación participa nos actos que pechan a Semana Santa 2018, cuxa solicitude de Interese Turístico irá mañá a Pleno

A Corporación Municipal de Lugo, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, participou este domingo nos actos que pechan a Semana Santa 2018, nunha xornada dedicada á Virxe do Rosario, patroa municipal.

Méndez, acompañada por distintos concelleiros e concelleiras, desprazouse en comitiva dende a Casa Consitorial ata a Catedral, nun desfile do que tamén formaron parte distintos integrantes da Banda Municipal, das cofradías e persoal funcionario do Concello, que custodiaron á patroa. 

Deste xeito finaliza a Semana Santa, cuxa solicitude de declaración como Festa de Interese Turístico Galego se tratará, a proposta do Goberno, mañá no Pleno ordinario Municipal.

Noticias relacionadas