A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán co gallo do 8M

Segundo Cristina Ferreiro “trátase de lembrar ás mulleres que xa non están entre nós pero tiveron un importante papel durante a súa vida”

Integrantes de todos os grupos da Corporación participaron na colocación dun ramo de flores no Cemiterio Municipal

Domingo, 07 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán co gallo do 8M

A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou unha ofrenda floral co motivo do 8 de Marzo.

Segundo indicou a Concelleira de Participación, Cristina López, “trátase de lembrar ás mulleres, nesta data sinalada, que xa non están entre nós pero tiveron un importante papel durante a súa vida”. A ofrenda floral estivo seguida dunhas palabras da concelleira responsable que agradeceu a presenza de representantes de todas as forzas políticas con representación na corporación. Este é un dos actos programados polo Concello de Lugo para conmemorar o 8 de marzo.

O resto de actos, programados polo gobernó muncipal, desenvolveránse cunha programación segura para reivindicar feminismo durante o mes de marzo.

Multimedia

  • A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán co gallo do 8M
  • A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán co gallo do 8M
  • A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán co gallo do 8M

Noticias relacionadas