A Corporación municipal participa nos actos conmemorativos da festividade de San Roque

Mércores, 16 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación municipal participa nos actos conmemorativos da festividade de San Roque

Membros da Corporación municipal de Lugo tomaron parte este mércores, como ben sendo tradición na cidade dende o ano 1768, nos actos conmemorativos da festividade de San Roque. A comitiva, acompañada pola Garda de Gala, partiu en formación dende a Casa do Concello ata a Capela de San Roque, onde participaron da celebración da misa na honra deste Santo, cumprindo así o voto que a cidade de Lugo presta a San Roque, ao que se invocou protección para facer fronte a unha epidemia de peste a mediados do século XVIII.

Noticias relacionadas