A Corporación municipal participa na procesión do Santo Encontro coa que conclúe a Semana Santa lucense

Domingo, 17 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación municipal participa na procesión do Santo Encontro coa que conclúe a Semana Santa lucense

Este domingo tivo lugar a procesión do Santo Encontro na que tamén se honra á Virxe do Rosario, patroa do Concello de Lugo.

Un paso, moi emotivo, que iniciou o seu percorrido ás 11:40 horas da mañá na confluencia das rúas de San Pedro e da Praza Maior e que partiu da Casa Consistorial portada por catro ordenanzas municipais, dúas mulleres e dous homes.

A procesión, que contou co acompañamento musical da agrupación Os Xílgaros de Lugo, estivo presidida pola alcaldesa, Lara Méndez e polo resto da Corporación municipal até a chegada á Catedral onde se celebrouo Santo Encontro e a Solemne Misa Pontifical de Resurrección.

Culmina así unha Semana Santa na que a rexedora destacou a alta participación da sociedade lucense nas actividades programadas e que permitiu recuperar tanto as tradicións como a afluencia de público nas rúas en niveis similares aos de antes da pandemia.

Multimedia

  • A Corporación municipal participa na procesión do Santo Encontro coa que conclúe a Semana Santa lucense

Noticias relacionadas