A Copa do Rei ACB de Baloncesto visita Lugo

Poderase visitar ao longo do día de hoxe e mañá martes, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no primeiro andar da Casa Consistorial

Luns, 01 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Visita da Alcaldesa de Lugo e o voceiro municipal á Copa do Rei ACB de Baloncesto

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, achegáronse este luns a visitar a Copa do Rei ACB de Baloncesto que estará exposta ao longo do día de hoxe e mañá no primeiro andar da Casa Consistorial. A esta visita tamén asistiron representantes de CaixaBank e do Estudiantes.

Ao longo da mañá numerosos curiosos achegarónse a ver o trofeo ao Concello, onde aproveitaron para fotografiarse coa Copa do Rei que pesa 18 quilos. Os aficionados que se fotografien coa copa poderán entrar nun concurso a través de Twitter, no que se sorteará material deportivo e un par de abonos para o torneo deste ano 2016, que arrancará o vindeiro 18 de febreiro na Coruña.

A visita da Copa do Rei a Lugo está enmarcada dentro da #CopaTourCaixaBank que recorrerá durante tres semanas 10 municipios galegos. Trátase dun recorrido que nace coa vontade de achegar o trofeo da Copa do Rei a todas aquelas persoas amantes do baloncesto, un deporte que en Lugo ten moitos adeptos.

Todos os interesados poderán visitar este trofeo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a Copa do Rei ACB de Baloncesto |Descargar mp3

Noticias relacionadas