A Copa do Mundo de Fútbol chega a Lugo

Luns, 24 de xaneiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Copa do Mundo poderá verse hoxe entre as 10.45 e as 21.00 horas no Círculo das Artes de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta mañá na Casa do Concello a Copa do Mundo de Fútbol na súa chegada a cidade.

O Alcalde mostrouse encantado e agradecido a Federación Española e Galega de Fútbol por achegar ata Lugo a Copa do Mundo. Unha oportunidade única, sinalou, para que todas e todos os lucenses poidan achegarse ata o Círculo das Artes, entre as 10.45 e as 21.00 horas de hoxe, e contemplar e fotografiarse coa Copa conseguida pola selección española de fútbol no pasado Mundial.

José López Orozco destacou que esta Copa é “unha magnífica representación do que é a loita, do que é o fútbol e do que é o traballo en equipo”.

Multimedia

Noticias relacionadas