Convocada, por terceiro ano consecutivo, unha Oferta de Emprego Público, con 22 prazas

A Xunta de Goberno aprobou este xoves a oferta, sometida á Mesa Xeral de Negociación. Inclúe prazas de quenda libre e promoción interna, reservándose dúas prazas para o turno de persoas con diversidade 

Xoves, 28 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este xoves a Oferta de Emprego Público para o ano 2017 -sometida á Mesa Xeral de Negociación o 26 de decembro, composta tanto polo Goberno como por sindicatos-, con 22 prazas, 17 de quenda libre e 5 de promoción interna, reservándose para o turno de persoas con diversidade dúas prazas, unha para celador de colexio público e outra de ordenanza de biblioteca. A continuación, o Concello poñerá en marcha os procesos selectivos para cubrir cada posto.

Deste xeito, o Concello convoca por terceiro ano consecutivo unha Oferta de Emprego Público.

Prazas a convocar:

1 Aparellador/a Arquitecto/a Técnico. Libre

5 Oficiais Policía Local. Libre

3 Bombeiros/as conductores/as. Libre

2 Auxiliar administrativo. Libre

1 Oficial/a lector/a contador/a. Libre

1 Oficial vixiante recaudador. Libre

1 Oficial electricista. Libre

1 Celador/a colexio público. Quenda de discapacitados/as

1 Ordenanza. Quenda de discapacitados/as

1 Traballadora de familia. Libre

1 Inspector/a Policía Local. Promoción Interna

3 Técnico medio de xestión. Promoción Interna

1 Administrativo. Promoción interna

Audio

  • Daniel Piñeiro, sobre a Oferta de Emprego Público | Descargar mp3

Noticias relacionadas