A convivencia nos centros educativos, a debate en dúas xornadas que acollerá o Uxío Novoneyra e o PIT

A presentación do libro Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia e unha xornada de formación para o profesorado son as propostas do Concello para este venres e sábado

Martes, 12 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través do programa municipal Vivir Xuntos Convivir, levará a cabo ao longo desta semana dúas actividades na liña de actuacións en favor da convivencia e resolución pacífica de conflictos nos centros educativos. A primeira delas terá lugar o venres 15 de abril, ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, onde se presentará o libro Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia, a cargo de Pedro Uruñuela, profesor de Filosofía, Inspector de Educación de Madrid e Subdirector Xeral da Alta Inspección do Ministerio de Educación Ciencia, dende o 2004 e 2008.

A segunda proposta da entidade local consite nunha actividade de formación para o profesorado sobre Aprendizaxe e Servizo, a cargo do mesmo poñente. A sesión terá lugar nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico, o sábado día 16, en horario de 10:00 a 13:00 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

Máis información a través do enderezo electrónico coordinacionvivirxuntos@gmail.com

Noticias relacionadas