A contratación unha nova obra do Plan de Barrios: a pavimentación da glorieta da avenida Benigno Rivera

O Goberno cumpre co tecido empresarial do polígono do Ceao, onde tamén ten prevista a renovación do pavimento da rúa dos Artesáns. Estas obras mellorarán a seguridade e  comodidade dos conductores nunhas vías que soportan unha gran densidade de tráfico

Xoves, 30 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este xoves da licitación dunha nova obra do Plan de Barrios que, dotado con 2,5M€, o Goberno puxo en marcha grazas aos Orzamentos que logrou sacar adiante. Trátase do proxecto para renovar o pavimento e repoñer a sinalización da glorieta situada na intersección da Avenida Benigno Rivera e a rúa da Agricultura, unha actuación coa que o Goberno cumpre co tecido empresarial do polígono do Ceao, onde tamén ten prevista a renovación do asfalto da rúa dos Artesáns. Ambas obras, cun importe conxunto próximo aos 145.000€, mellorarán a seguridade vial e a comodidade dos conductores destas calzadas, que, debido á gran densidade de tráfico que soportan, tanto de turismos como de vehículos pesados, atópanse deterioradas na actualidade.

O proxecto da glorieta de Benigno Rivera inclúe a renovación do pavimento e a reposición da sinalización existente. O investimento é de 71.000€ e o prazo de execución, de 2 meses. O prazo de presentación de ofertas será de 10 días hábiles contados dende a publicación do anuncio de licitación o Perfil do Contratante.

En canto ás obras na rúa dos Artesáns consistirá na renovación do pavimento e a reposición da sinalización horizontal. O ámbito de actuación será a calzada esquerda entre Benigno Rivera e a rúa Dos Canteiros e toda a sección entre as rúas dos Canteiros e da Industria. O orzamento é de 73.600 e para o seu financiamento o Concello acadou unha subvención da Consellería de Economía de 58.900€. Os 14.700€ restantes achegaraos a entidade local. O prazo de execución é dun mes.

Con estas actuacións o Goberno cumpre con dúas importantes reivindicacións do tecido empresarial do Ceao. É froito tamén do convencemento de que as infraestruturas de comunicación son vitais para que un polígono, as súas empresas, sexan competitivas, poidan seguir xerando riqueza e emprego en Lugo, en definitiva, para que teñan futuro.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre a obra do Plan de Barrios | Descargar mp3

Noticias relacionadas