A contratación as obras para rematar a biblioteca da Piringalla e convertela no centro sociocultural Paco Martín

Venres, 31 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello vén de publicar no Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, a contratación, por un importe próximo de 1M€, das obras para rematar a biblioteca do barrio da Piringalla e convertela nun centro sociocultural, que levará o nome de Paco Martín.

As ofertas poderanse presentar ata o 20 de xuño, estando prevista a súa apertura para o 21 de xuño. O Concello prevé que despois do verán poidan iniciarse as obras, que teñen un prazo de execución de 18 meses.

O novo centro contará no soto con diversos almacéns, instalacións ,cuarto de lixo, limpeza e control de arquivo; na planta baixa, con vestíbulo, zona de control, sala de usos múltiples, zona infantil, bebeteca e aseos; na primeira e segunda, con salas de lectura e aseos; a terceira, con climatización, e as dúas altas con sala de reunións, despacho e oficina.

Audio

  • A edil Carmen Basadre sobre a contratación das obras da Biblioteca da Piringalla | Descargar mp3

Noticias relacionadas