A contorna do colexio de Albeiros gaña en accesibilidade coas novas tarefas de mellora que acomete o Concello

Trátase da reposición das baldosas dunha das beirarrúas e do posterior aglomerando en quente dun tramo da rúa Illa de Madeira, en fronte deste centro educativo

Coa realización destas actuacións, o Goberno mantén unha vez máis a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos ao redor de 300 nenos e nenas que asisten a este centro e as súas familias

Xoves, 20 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A contorna do colexio de Albeiros gaña en accesibilidade coas novas tarefas de mellora que acomete estes días o Concello de Lugo. Trátase da reposición das baldosas dunha das beirarrúas e do posterior aglomerando en quente dun tramo da rúa Illa de Madeira, en fronte deste centro educativo. As tarefas, previsiblemente, estarán rematadas a vindeira semana.

Coa realización destas actuacións, o Goberno mantén unha vez máis a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos ao redor de 300 nenos e nenas que asisten a este centro educativo e as súas familias, posto que, por mor dos afundimentos existentes tanto do andén como da calzada, é necesario realizar o mantemento e conservación desta vía.

Noticias relacionadas