A contorna da Abella gaña unha zona verde acondicionada co Plan de Barrios do Goberno

Lara Méndez, Manuel Núñez e Ana Abelleira supervisaron as tarefas, que o Concello acometeu tras escoitar as suxerencias da cidadanía. Neste novo espazo axardinado o Goberno investiu 8.900 euros

Xoves, 27 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A contorna da Abella gaña unha zona verde acondicionada co Plan de Barrios do Goberno

A contorna da Abella vén de gañar unha zona verde co Plan de Barrios do Goberno, tras acondicionar o Concello un espazo existente, na rúa Aturuxo, e dotalo de rego automático. Deste xeito, o equipo de Lara Méndez abre aos veciños e veciñas un novo espazo axardinado, logo de escoitar as suxerencias da cidadanía. 

Os traballos, valorados en 8.900 euros e que supervisou a Alcaldesa xunto aos edís de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira; consistiron na rexeneración da zona, no aporte de terra vexetal, na retirada de restos e en uniformizar a superficiente de cultivo. Tamén se realizou un tratamento das barreiras existentes, e se instalou rego por difusión, o zanxeado e a acometida e contador. Ademais, traballouse nos bordillos, e no suministro tanto de céspede a partir de semilla, como de diversas especies para a súa prantación.

Con esta actuación, o Goberno continúa poñendo en valor os espazos públicos das distintas zonas da cidade, para que contribúan a mellorar a calide de vida.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre o Plan de Barrios do Goberno | Descargar mp3

Noticias relacionadas