Continúan as visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal dentro do ciclo “E logo ti... Quen vés sendo?”

As actividades da festividade de Santos rematarán o día 28 co Faladoiro de Defuntos

O pasado mércores, nenas e nenos da Escola Palimoco de Teatro e Malala Teatro interpretaron Don Juanín

Sábado, 23 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúan as visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal dentro do ciclo “E logo ti... Quen vés sendo?”

O Cemiterio Municipal continúa a acoller actividades coas que, dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza, se pretende, segundo indicou Cristina López, “poñer en valor o patrimonio funerario e mostrar a cara máis cálida e emocional do noso Cemiterio”. Este domingo a partir das 19 horas, Achádego Teatro realizará unha nova visita teatralizadaza do ciclo “E logo ti... Quen vés sendo?”, onde os diferentes persoeiros representados contarán aspectos relevantes das súas vidas, axudando tamén a situalos no tempo e na vida social e rememorando a historia da cidade.

A lectura dramatizada de Don Juanín tivo lugar o pasado mércores. Nenas e menos da Escola Palimoco de Teatro e de Malala Teatro. “Foi un espectáculo soberbio o que nos regalaron ás cerca de 100 persoas asistentes, cunha interpretación maxistral da obra de Zorrilla”, afirmou Cristina López.

As actividades culturais no cemiterio rematarán o 28 de novembro, mentres que a última visita teatralizada realizarase o vindeiro domigno 15 de decembro. Cristina López agradeceu á veciñanza “a boa acollida que están tendo todas as actividades que organizamos no cemiterio”, e engadiu que “continuaremos a traballar para dinamizar este espazo e achegalo a toda a veciñanza”.

Multimedia

  • Continúan as visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal dentro do ciclo “E logo ti... Quen vés sendo?”

Noticias relacionadas