Continúan en Lugo os plans alternativos da programación +Xtí para a mocidade

Haberá un curso de transportista de mercancías perigosas, CAP e permiso C, outro sobre maquinaria para movementos de terra, e un último sobre manexo de carretillas elevadoras

Un seminario de voo acrobático, loita grecorromana, e iniciación ao golf son outras das actividades que propón o Concello para agosto e setembro

Luns, 20 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúan en Lugo os plans alternativos da programación +Xtí para a mocidade

Lugo ten máis plans alternativos para a mocidade para este mes de agosto e o vindeiro setembro, enmarcados dentro da programación +Xtí, subvenvionada polo Plan Nacional de Drogas. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer as novas actividades, que van dende cursos de formación a actividades deportivas.

Unha das alternativas é o Curso de transportista de mercancías perigosas, CAP e permiso C, destinada a 13 mozos e mozas, empadroados en Lugo, entre os 18 e 36 anos de idade. Trátase de formación completamente homologada para os rapaces e rapazas que xa teñen o carnet de conducir B e que queren seguir ampliando os seus coñecementos. As inscricións realizaranse no Centro de Formación do Transporte, situado en Garabolos, entre mañá martes, 21 de agosto, e o 3 de setembro. O curso consta de 140 horas e comezará o 10 de setembro, celebrándose de luns a venres nas instalacións da propia autoescola. A persoa interesada soamente deberá aobar as taxas oficiais.

Neste eido, o Concello tamén ten preparado un Curso de maquinaria para movementos de terra, dirixido a un total de 15 mozos e mozas, tamén entre os 18 e 36 anos. Celebrarase o día 14 de setembro, das 16:00 ás 21:00 horas, a parte teórica, e o día 15, das 09:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 21:00 horas, a parte práctica en xornada de mañá ou de tarde. As inscricións deberán realizarase no Centro de Formación do Transporte de Lugo. Este curso ten como obxectivo a condución e manexo de maquinaria tipo retroescavadora, retorcargadora e pala cargadora. Cunha duración de 20 horas por persoa participante, dividirase en formación sobre prevención de riscos laborais, primeiros auxilios e prácticas.

Así mesmo, haberá un Curso de manexo de carretillas elevadoras, para 18 mozos e mozas, de entre os 18 e os 36 anos e idade. Esta actividade ten unha duración de 15 horas, tamén no Centro de Formación do Transporte de Lugo, o día 14 de setembro, das 16:00 ás 21:00 horas a parte teórica, e o 15 de setembro, a parte práctica, cunha quenda das 09:00 ás 14:00 horas, e outra das 16:00 ás 21:00 horas. A actividade, que ten como finalidade sensibilizar sobre os difrentes tipos de risco que poidan darse no manexo deste tipo de maquinarias, así como proporcionar enseñanzas prácticas para desenvolver con destreza as labores de persoa carretilleira, inclúen tamén prevención de riscos, primeiros auxilios e prácticas. A inscrición, ao igual que as dúas actividades anteriores, debe facerse no propio centro.

O vindeiro mes de setembro, haberá Actividades por terra vinculadas ao mundo do motor, para mozos e mozas a partir dos 16 e ata os 36 anos. As incricións están abertas ata o 31 de agosto, a través do Servizo de Información Municipal 010. Comezarán o 6 de setembro e rematarán a finais dese mesmo mes, incluíndo cinco alternativas distintas: curso de persoa copilota, condución segura, toma de notas, mecánica de competición ou todo terreo, na rúa dos Artesáns, número 17. Haberá unha beca deportiva, para unha persoa participantes do curso de iniciación á mecánica de competición, que consisten en aompañar ao equipo Hyundai, dos irmáns Vallejo, nun ralli, con todos os gastos pagados.

A nova programación do +Xtí inclúe unha Xornada de formación en prevención de accidentes de tráfico derivados da adición de drogas e ao móbil. Neste caso, a formación irá dirixida a profesionais da formación vial. Será o 22 de setembro, de 09:30 a 13:30 horas a parte teórica, e de 16:30 a 18:30 horas a parte práctica. Terá lugar, a parte teórica, no centro de formación CISE, na sede da Asociación Provincial de Autoescolas de Lugo, na rúa Manuel Murguía, 6; e a parte práctica, na explanada do parque de bombeiros de Lugo. O número de persoas participantes é dunhas 25 e o contido distribuirase en talleres de alcol e condución, drogas e condución, móbil e condución e un taller práctico, con gafas de simulación. Contará ademais con Nuria Guisandez e Manuel Ángel Rodríguez como poñentes. Invitarase a formar parte da xornada á Policía Local de Lugo, á Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo e á Agrupación de Tráfico da Garda Civil da comandancia de Lugo. As autoescolas participantes recibirán material e comprometeranse a asinar un compromiso co Concello para utilizar dito material na formación dos futuros mozos e mozas aspirantes a obter o permiso de condución.

Carmen Basadre tamén anunciou un Seminario de voo acrobático, que conta con 18 prazas, para rapaces e rapazas dende o 18 aos 30 anos. Celebrarase do 1 ao 3 de setembro, no Aeródromo de Rozas, pero é precisa a inscrición, que debe facerse ata o 31 de agosto a través do 010.

A Casa da Xuventude acollerá Loita Grecorromana todos os martes e xoves, dende mañá ata o 27 de setembro, das 16:30 ás 18:30 horas, as persoas entre os 15 e 25 anos, e de 18:30 a 20:30 horas, entre os 26 e 40 anos.

Por último, tamén haberá un Curso de Iniciación ao Golf, os días 29 e 31 de sgosto, e o 5, 6e 7 d esetembro, para mozos e mozas de 13 a 36 anos. O campo de golf de Lugo acollerá esta actividade, que xa recibe inscricións a través do 010.

Multimedia

  • Continúan en Lugo os plans alternativos da programación +Xtí para a mocidade
  • Continúan en Lugo os plans alternativos da programación +Xtí para a mocidade
  • Continúan en Lugo os plans alternativos da programación +Xtí para a mocidade

Noticias relacionadas