Continúa a programación teatral do Auditorio Municipal

O espectáculo cómico A COMPAÑEIRA DE PISO representarase este domingo ás 18:30 horas

Domingo, 08 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa a programación teatral do Auditorio Municipal

A programación teatral do Auditorio Municipal continúa neste mes de decembro con dúas representación máis. O domingo 8 ás 18:30, Contraproducións representará A COMPAÑEIRA DE PISO, espectáculo cómico para maiores de 16 anos que aborda os temas da idade, muller e a identidade dun xeito fresco e divertido. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que acontece cando este descarrila. O día 15 ás 18:30, Lila Teatro encargarase de pechar a programación con RARA AVIS, espectáculo para público familiar que fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.

Os espectáculos para público adulto (maiores de 12 anos en diante) terán un prezo de 5€, podendo obter un desconto do 30% as persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG. Nos espectáculos para público familiar, as entradas terán un prezo único de 3€.

As entradas poderán ser adquiridas no portal web entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo até 3 horas antes do comezo de cada función, e no propio auditorio desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. As persoas que adquiran entradas con descontos, deberán acreditalos ao acceder ao recinto.

Noticias relacionadas