Continúa este mércores a segunda edición de O que queda de verán

Este mércores as nenas e nenos poderán desfrutar de “Contos de nenas grandes e pequenas”, de Tropa de Trapo

A entrada é gratuíta, máis debe retirarse previamente desde o portal entradaslugo.es

 
Martes, 25 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa este mércores a segunda edición de O que queda de verán

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os contidos da segunda semana do ciclo O que queda de verán, que terá lugar este mércores 26. “A canella do Hospital acollerá a Sopa de Trapo co seu espectáculo Contos de nenas grandes e pequenas, con dous pases ás 17 e ás 18:30”, lembrou Maite Ferreiro.

Para asistir ás actividades, será preciso contar cunha entrada que se poderá retirar gratuitamente no portal entradaslugo.es. Cada persoa poderá coller como máximo dúas entradas, que estarán á disposición das familias desde unha semana antes do espectáculo.

Sinopse

Xa hai moitas historias de homes! De cabaleiros, príncipes e guerreiros... E nós quixemos contar historias de mulleres. Princesas non, pero si guerreiras!... ou non... ou de todo un pouco.

Porque hai moitas mulleres. Todas moi diferentes, pero todas cunha voz : a súa. Aquí van catro contos de nenas (das grandes e das pequenas) con voz propia. Nenas que comparten, que vencen aos seus medos ou aos medos da xente, capaces de grandes aventuras como ir a polo lume ou subir ao monte máis alto a falar cun monstro. Nenas que tamén lle teñen medo á tormenta. Ou que xogan á pelota.

Pero iso si : nenas... que xa toca!

Espectáculo adiado

Maite Ferreiro informou que “nos vindeiros días anunciaremos a data para o espectáculo de Peter Punk que tivo que ser adiado a semana pasada por mor da choiva”.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre a segunda edición de O que queda de verán | Descargar mp3

Noticias relacionadas