Continúa aberto o prazo para inscribirse nos campamentos de verán do Concello de Lugo

Venres, 13 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Continúa aberto o prazo para asistir aos campamentos de verán organizados pola Concellería de Xuventude, a Concellería de Deportes en colaboración coa Fundación Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a Fundación Azkar, Óscar Hermida, e NCD Eventos.

O obxectivo da campaña Vive o Verán en Lugo campaña é ofrecer un completo programa de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos.

Serán diferentes actividades deportivas como fútbol sala, tenis, voleibol, balonmán e baloncesto, entre outras; actividades acuáticas, obradoiros, buscas do tesouro, xogos, dinámicas grupais…Ademais o programa inclúe unha excursión ao parque acuático de Cerceda e unha acampada para as rapazas e rapaces de 9 a 16 anos.

Os campamentos terán lugar do 1 de xullo ao 31 de agosto en catro quincenas de 15 días. As actividades realizaranse das 9:00 ás 20:00 horas polo que se contará cun servizo de comedor.

As prazas ofertadas serán un total de 600, 50 para cada grupo de idade, e a un prezo de 195 euros. A inscrición inclúe: desprazamento de bus, bocadillo de media mañá, xantar, merenda e seguro de responsabilidade civil. Realizarase un desconto do 10% a partir do segundo/a irmán/á.

Para recibir máis información pódese chamar os teléfonos 982 229 747 - 982 285 200 ou a través do correo electrónico veranenlugo@ncdeventos.com.

Noticias relacionadas