Continúa aberto o prazo de inscrición para viaxe a Lisboa que organiza a Casa da Muller

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa da Muller do Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para a viaxe destinada a mulleres do termo municipal que organiza todos os anos. Esta actividade consistirá nesta ocasión nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.

Como as veces anteriores, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.

O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús. O percorrido será por Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo.

Noticias relacionadas