Conta atrás para o Caudal Fest, que confirma os horarios dos concertos

O primeiro día do festival, xornada de balde, a apertura de portas terá lugar ás 18:30 horas. A orde das actuacións é a seguinte: Igloo, Andrés Suárez, Viva Suecia, Rulo y la contrabanda e Joe Crepúsculo

O sábado, as portas abrirán ás 15:00 horas. Inaugurarán a xornada Berta Franklin e David Prado, seguidos de DePedro, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez, Vetusta Morla, Novedades Carminha e Eme DJ

O Caudal Fest conta cunha zona de descanso, que xa está dispoñible na web oficial do evento, www.caudalfest.es. As entradas seguen ao prezo final de 35 euros máis gastos de xestión

Martes, 11 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Conta atrás para o Caudal Fest, que confirma os horarios dos concertos

O Caudal Fest, que se celebrará o 21 e 22 de setembro, xa comezou a súa conta atrás, e confirma os horarios dos seus concertos. O primeiro día, xornada de balde, a apertura de portas terá lugar ás 18:30 horas. Media hora máis tarde, a partir das 19:00 horas, dará o pistoletazo de saída a este festival a veterana banda de rock de Caldas de Reis, Igloo. Posteriormente, a partir das 20:15 horas, será a quenda do acústico do cantautor ferrolán Andrés Suárez, que propón un pop rock vitalista e alegre co seu último traballo: Desde una ventana.

Os murcianos Viva Suecia daranlle o relevo ás 21:45 horas, seguidos de Rulo y la contrabanda, o grupo do ex-cantante de La Fuga e unha das caras máis coñecidas do rock do país, dende as 23:30 horas. Un dos fenómenos musicais do momento co seu indie rock característico, o festeiro Joe Crepúsculo, será o encargado de pechar a primeira xornada do Caudal Fest, dende as 01:15 horas.

O sábado, as portas abrirán ás 15:00 horas. Dous artistas de Lugo serán os encargados de inaugurar a segunda xornada do primeiro festival urbano da súa terra, Berta Franklin, dende as 15:30 horas, e David Prado, en formato acústico dende as 16:30 horas. Seguindo na liña dos acústicos, proseguiralle o afamado compositor e guitarrista barcelonés DePedro, cun proxecto musical vibrante e con múltiples influencias que jusional jazz, rock clásico, country e soul, a aprtir das 17:40 horas. Posteriormente será a actuación dos coruñeses Triángulo de Amor Bizarro, dende as 19:00 horas.

Ás 20:30 horas entrará en escena Iván Ferreiro, que coas súas cancións honestas e a súa personalidade inimitable, se converteu nunha peza indispensable para comprender a escena indie-rock acutal do país.

Unha vez rematada a súa actuación, será a quenda da fusión de rap con flamenco, da mán de Mala Rodríguez, dende as 22:15 horas.  

Ás 23:45 horas, e 7 anos despois da súa última actuación na cidade, chegará ao escenario do Caudal Fest a banda de rock madrileña Vetusta Morla, que pode presumir de contar cun dos mellores directos de España, despois de romper calquera parámetro avaliable.

Como broche de ouro, actuará, dende as 01:45 horas, o indomable trío galego Novedades Carminha, que o dará todo no escenario: adrenalina en altas doses, letras descacharrantes e a mellor actitude do mundo; e pechará o festival, dende as 02:45 horas, Eme Dj, unha das Dj cunha traxectoria máis recoñecida na escena indie-electro-pop e nas principais pistas de baile de toda España. O festival contará cun espazo La Duendeneta para amenizar os descansos entre concerto e concerto.

O Caudal Fest conta cunha zona de descanso, que xa está dispoñible na web oficial do evento, www.caudalfest.es. As entradas seguen ao prezo final de 35 euros máis gastos de xestión.

Este festival exponse como unha cita musical sostible e respectuosa co medio ambiente natural, a orilla do río Miño, unha zona que conta ademais cunha gran riqueza patrimonial e histórica: onde a escasos metros do escenario se poderán atopar unha das herencias máis valiosas que deixaron os romanos na cidade, xunto á Muralla, a Ponte e as Termas, que se encontran baixando a calzada romana da vía XIX. Polo tanto, a filosofía do Caudal Fest é clara: unha aposta vocacional pola diversión, pola esencia da cultura da autenticidade, pola convivencia na natureza e polo respecto.

Noticias relacionadas