A Consellería de Educación subvencionará a instalación de céspede artificial no Polvorín

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou hoxe que a Consellería de Educación subvencionará a obra de instalación de céspede artificial no campo de fútbol do Polvorín.

Esta obra ten un orzamento de 210.000 euros e a Consellería farase cargo do 50% do custo da obra. A outra metade procederá do orzamento municipal.

Díaz Grandío indicou que esta será a cuarta instalación deportiva que fará este cambio e que a previsión e melloralos todos agás o do Ceao, que quedará con céspede natural.

O Concelleiro indicou que esta infraestrutura correrá con cargo á Consellería de Educación, xa que se trata dunha instalación desenvolvida no seu momento ao amparo do colexio das Mercedes, e que actualmente funciona como lugar de práctica deportiva do centro, aínda que serva tamén para outro tipo de entidades.

Ademais, indicou Grandío que o campo está situado a escasos 50 metros da praza do Rei e o desenvolvemento urbanístico da zona implicaban esta necesaria obra polas molestias causadas aos veciños así como pola estética deste novo barrio.

Noticias relacionadas