Concertos de grupos e artistas con denominación de orixe Lugo para o San Froilán 2015

Os grupos Batital, Foolmakers, Jotinho´s e The Pie Lands e o guitarrista Marcos Pin serán algúns dos grupos e artistas locais que amenizarán as noites desta Festa de Interese Turístico Galego e Nacional

Sábado, 12 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer novas actuacións musicais para o San Froilán 2015, que terá lugar entre o 3 e o 12 de outubro. Trátase de concertos de grupos e artistas locais, que amenizarán as noites desta Festa de Interese Turístico Galego e Nacional.

A edil subliñou que “con estas actuacións con denominación de orixe Lugo, apostamos unha vez máis polos nosos artistas e por un programa diverso, variado, intregado e para todos os públicos, que é o que contribúe a facer máis grandes as nosas festas”.

Entre os grupos e artistas locais que actuarán durante o San Froilán, atópase a agrupación musical Batital, que encherá de música moi variada á Praza de Santa María e á Praza da Soidade, os días 3 e 4, respectivamente a partir das 13:15 horas e The Pie Lands, que ofrecerá un concerto o luns, 5 de outubro no patio do Seminario ás 23:15 horas. Ese mesmo día, ás 21:30 a Praza de Santa María acollerá a actuación de Jotinho´s, unha formación que interpretará bossa novas e sambas. No San Froilán 2015 tamén actuará o veterano grupo de jazz Foolmakers, o martes 6 no patio do seminario e o guitarrista de longa traxectoria, Marcos Pin, que presentará o seu novo disco Duology “Take a Second”, na Praza da Milagrosa, o día 3 de outubro, ás 21:00 horas.

Noticias relacionadas