Concerto solidario este mércores, en Lugo, da Fundación Vicente Ferrer co apoio do Concello e a Deputación

A soprano Noemí Mazoy, a acordeonista Valery Zviarzhevich, o pianista, Germán Barrio e a violonchelista Cristina Nogueira Pérez actuarán, ás 20:30, no Gustavo Freire

Os fondos que se recaden serán para construir vivendas dignas para persoas desfavorecidas nunha das zonas máis pobres da India

Luns, 21 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Concello, Deputación de de Lugo e Fundación Vicente Ferrer colaboran nunha iniciativa solidaria que ten por obxecto a recadación de fondos para a construción de 4 casas adaptadas no pobo de Chapiri, pertencente á rexión de Kalyandurg, na India.

Trátase dun concerto solidario que reunirá á soprano, Noemí Mazoy; a acordeonista, Valery Zviarzhevich; o pianista, Germán Barrio; e a violonchelista, Cristina Nogueira Pérez. O concerto terá lugar este mércores, día 23 de maio, no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense mercar nos seguintes comercios da cidade de Lugo: Pazo de la Maza, Opticalia da praza maior, Café del Centro, Portal 36. Tamén están dispoñibles a través de https://entradas.ataquilla.com. Tamén se pode facer un donativo á fila cero en La Caixa ES30 2100 3331 9622 0009 6273, co concepto concerto Lugo. 

Toda a recadación deste concerto solidario empregarase para a fabricación de vivendas seguras, que conten coas condicións hixiénicas e de habitabilidade óptimas, que darán aloxamento a x familias en situación de vulnerabilidade, nunha das zonas máis pobres e necesitadas da India. Esta iniciativa enmárcase na colaboración que manteñen tanto Concello como Deputación de Lugo co tecido asociativo que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas.

Fundación Vicente Ferrer

A Fundación Vicente é unha ONG de desenvolvemento comprometida co proceso de transformación dos estados de Andhra Pradesh e Telangana e das comunidades máis vulnerables e en risco de exclusión. A fundación leva máis de 45 anos traballando xunto coas comunidades máis desfavorecidas da India. Para iso, levan a cabo un programa de desenvolvemento integral e centran as sías accións en seis áreas de actuación crave: educación, sanidade, mulleres, hábitat, persoas con discapacidade e ecoloxía.

Noticias relacionadas