Concello, Xunta e La Caixa asinan un plan de apoio a 50 familias de Lugo para loitar contra a pobreza infantil

Colaboran na implantación de CaixaProinfancia, un programa centrado na atención a familias con nenos e nenas de entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade

A iniciativa ofrece reforzo educativo, educación non formal, apoio educativo familiar, terapia psicosocial e promoción da saúde

A Alcaldesa resaltou que o acordo entre as tres entidades ten como obxectivo “evitar que a pobreza se herde, romper con esa inercia, protexendo aos máis vulnerables da nosa sociedade para garantir a igualdade de oportunidades”

Martes, 22 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; o director corporativo da Área Social da Fundación Bancaria La Caixa, Marc Simón; e o director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou, presentaron este martes no Salón de Plenos do consistorio un plan conxunto entre as tres entidades co obxectivo de loitar contra a pobreza infantil. Trátase de CaixaProinfancia, un programa de atención á infancia en situación de pobreza e exclusión, dirixido a familias con menores de entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade, que beneficiará a 50 familias lucenses e a entre 75 e 80 nenos e nenas da cidade, fundamentalmente das zonas de Lamas de Prado e A Milagrosa.

A rexedora destacou que este plan ten como obxectivo “evitar que a pobreza se herde, romper con esa inercia, protexendo aos máis vulnerables da nosa sociedade para garantir a igualdade de oportunidades”. A pobreza infantil é en España do 35,4%, e en Galicia do 24,4%, o que supón que 95.000 nenos e nenas galegos son vítimas desta situación, “algo que non podemos permitir”, asegurou Lara Méndez, polo que subliñou a importancia do convenio coa Xunta e La Caixa, mostra ademais dos bos froitos “da colaboración público privada e da implicacións de distintas administracións”.

A Alcaldesa agradeceu a implicación da obra social de La Caixa “focalizada na atención aos nenos e nenas”, e afirmou que o Concello “non escatimará esforzos para loitar contra a pobreza infantil. Mentres haxa un só neno en risco, temos que actuar para conseguir unha sociedade xusta e igualitaria”.

Pola súa banda, o Conselleiro subliñou que destinar “máis recursos que permitan implementar novos programas e accións dirixidas ás persoas que precisan máis apoio é unha obriga de calquera administración responsable e sensible” e, neste senso, destacou a importancia que “teñen convenios coma este para as entidades locais”, pola súa proximidade ao cidadán. Puxo así mesmo en valor “a achega social” de La Caixa e “a importancia da alianza que selamos hoxe para loitar contra a pobreza infantil na cidade de Lugo”.

O director corporativo da Área Social de La Caixa afirmou que “solo la mejora de la educación puede romper la peor estadística que tenemos, que indica que la pobreza se hereda, y garantizar la igualdade de oportunidades”. Marc Simon explicou que o programa CaixaProinfancia leva consigo axudas económicas (para alimentación, hixiene e material escolar, entre outras), “pero sobre todo refuerzo escolar, psicológico y de ocio y tiempo libre, con campamentos de verano o colonias urbanas, junto a la formación para adquirir competencias familiares”. En definitiva, “se trata de ayudar a los que menos culpa tienen de atravesar una situación difícil”, sinalou.

O director de Caixabank en Galicia agradeceu a “implicación” do Concello e a Xunta co proxecto de La Caixa, “que lleva décadas trabajando en esta ciudad, aunque desde hace unos años se incrementó la actividad con el fin último de estar más cerca de los ciudadanos. Pretendemos ser útilies a toda la ciudadanía, pero sobre todo a los colectivos más desfavorecidos, como los niños y adolescentes en riesgo de vulnerabilidad”.

Identificar as necesidades

A Obra Social La Caixa, a Consellería de Política Social e o Concello de Lugo identificarán e analizarán conxuntamente a distribución territorial das situacións de vulnerabilidade social e de risco de exclusión que afectan a un número considerable de menores e familias do municipio. Situacións que requiren, máis alá da atención a necesidades puntuais, dun plantexamento global de actuación que incida de forma integral na transformación e mellora da realidade da infancia e das familias.

Neste senso, definirase unha proposta de servizos conxunta que permita responder ás necesidades dos menores e as súas familias para optimizar os recursos económicos públicos e privados que se dotan para estes efectos.

A entidade financeira destinará ata 525.000 euros anuais a desenvolver o programa Proinfancia en Galicia, que poñerá a disposición das familias unha serie de axudas dirixidas a reforzo educativo, educación non formal, apoio educativo familiar, terapia psicosocial e promoción da saúde.

Reunión co Conselleiro

Tras a presentación e a sinatura do convenio, a Alcaldesa reuniuse co Conselleiro de Política Social, ao que lle mostrou a vontade do Concello de colaborar coa Xunta en todo tipo de iniciativas sociais, explicándolle que as políticas e o investimento social é precisamente o eixo fundamental do proxecto de Orzamentos para o 2016 que o Goberno vén de aprobar en Xunta de Goberno, no que destina un 21% do total a este eido.

Noticias relacionadas