Concello e Sabadell asinan un convenio para a prestación de servizos de cobro de tributos e prezos públicos

Os veciños poderán pagar agora os tributos municipais en catro entidades, Abanca, BBVA, CaixaBank e Sabadell

Mércores, 23 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Sabadell asinan un convenio para a prestación de servizos de cobro de tributos e prezos públicos

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e o director de banca de empresas do Banco Sabadell, José Francisco Rivas, asinaron este mércores no Salón de Plenos un convenio de colaboración polo que o banco Sabadell prestará servizos de cobro de tributos e prezos públicos.

Os veciños poderán pagar agora os tributos municipais en catro entidades, Abanca, BBVA, CaixaBank e Sabadell.

Á sinatura do convenio tamén asistiu o director de zona de Lugo desta entidade, Juan Varela. 

Noticias relacionadas