Concello e IGADI achegan posturas para posicionar a Lugo e Galicia en África e Brasil

Ana González Abelleira mantivo este martes unha reunión cun representante do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional

Martes, 12 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e IGADI achegan posturas para posicionar a Lugo e Galicia en África e Brasil

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, mantivo este martes unha reunión cun representante do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González Palau. Na xuntanza, Daniel González presentoulle á edil un proxecto de innovación que ten como obxectivo posicionar a Lugo e a Galicia en África, Brasil e os países da CPLP (Comunidade de Países de Lingua Oficial Portuguesa), incentivando a coherencia política a través da estratexia dixital.

O Concello, dentro do seu compromiso coa cooperación internacional, estudará as posibles vías de colaboración con este proxecto que contempla unha primeira fase de posicionamento, unha segunda baseada na celebración de xornadas físicas en Burela, Lugo e Santiago e a terceira e última, a publicación dun libro.

Noticias relacionadas