Concello e Deputación participan na xornada informativa de ALCER dirixida aos enfermos renais da provincia

A Alcaldesa e o Presidente da Deputación inauguran a xornada informativa de ALCER dirixida aos enfermos renais de Lugo

Domingo, 21 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación participan na xornada informativa de ALCER dirixida aos enfermos renais da provincia

A Alcaldesa e o Presidente da Deputación inauguran a xornada informativa de ALCER dirixida aos enfermos renais de Lugo

A Alcaldesa, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inauguraron este domingo a XII Xornada Renal que organiza ALCER Lugo. Está dirixida aos doentes de enfermidade renal e nela participaron cirurxiáns, biólogos, farmacéuticos e nefrólogos da provincia de Lugo, que trataron temas como a hemodiálise domiciliaria portátil, os novos tratamentos e investigacións. Deputación e Concello colabora anualmente con ALCER Lugo cunha achega económica de 7.500 euros para colaborar coa enorme labor que presta esta asociación. 

A Alcaldesa destacou o labor que ALCER leva facendo dende hai case catro décadas, os 365 días do ano, na atención e apoio integral aos enfermos e as súas familias, tal e como alude unha das poñencias da xornada, "para que a maleta da enfermidade sexa máis lixeira". Méndez reivindicou no acto a recuperación da sanidade pública universal que impulsou o Goberno central, "sen a que o noso Estado de Benestar estaba gravemente mermado".

ALCER LUGO

A Asociación para la lucha conta las enfermedades renales de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que se constituíu no ano 1981, e que posúe máis de 450 socios. ALCER LUGO posúe unha oficina e sala de reunións, ademais de contar con varios profesionais, como unha psicóloga, unha administrativa e varios voluntarios. A súa función principal é a de ofrecer información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I.R.C.); acompañamento e apoio nas diferentes etapas do tratamento; asesoramento laboral, legal, nutricional e psicosocial individualizado; e colaborar coa Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. Ademais de prestar estes servizos, organizan ao longo do ano actividades para mellorar a calidade de vida dos doentes, como obradoiros de cociña, manualidades ou exercicio físico, así como campañas de información e sensibilización. 

Noticias relacionadas