Concello e Deputación melloran con 110.000 euros a estrada que vai de Lugo a Ponte Ombreiro

Lara Méndez e Darío Campos supervisaron, acompañados de veciños, o resultados dos traballos nesta vía, na que se melloraron 3.8 quilómetros con aglomerado en quente, e incrementouse a seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical

É a vía que une a estrada de Marques de Ombreiro, na zona das Saamasas con Ombreiro. As melloras que benefician ao 300 veciños que viven nesta parroquia, así como a ducias de usuarios que empregan esta estrada acotío para se desprazaren

A Alcaldesa subliñou a necesidade de que as administracións públicas traballen man con man, en beneficio da cidadanía e explicou que “tanto Deputación como Concello desenvolvemos un intenso traballo para mellorar servizos que permitan aos nosos cidadáns vivir nos seus lugar de orixe con calidade”

O Presidente destacou que “son actuacións moi necesarias coas que melloramos a calidade de vida dos veciños da provincia, especialmente os do rural, dotándoos dunhas infraestruturas de primeiro nivel e coas que se mellora o seu día a día”

Martes, 02 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación melloran con 110.000 euros a estrada que vai de Lugo a Ponte Ombreiro

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e Presidente da Deputación, Darío Campos, acompañados de veciños e veciñas, supervisaron este martes o resultado dos últimos traballos de mellora na estrada LU-P-2902, que vai de Lugo a Ponte Ombreiro, cun orzamento de 110.000 euros. As actuacións consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, así como o aumento da seguridade a través da instalación de sinalización vertical e repintado, nun treito de 3.8 quilómetros, comprendidos entre os puntos 3.2 e 7.

Trátase dunha vía de comunicación que une a estrada de Marques de Ombreiro, na zona das Saamasas, con Ombreiro. Son melloras que benefician de xeito directo aos máis de 300 veciños que viven nesta parroquia, así como a ducias de usuarios que empregan esta estrada acotío para se desprazaren. 

Lara Méndez subliñou a necesidade de que as administracións públicas traballen man con man, en beneficio da cidadanía e explicou que “tanto Deputación como Concello de Lugo desenvolvemos un intenso traballo para mellorar servizos que permitan aos nosos cidadáns vivir nos seus lugar de orixe con calidade”.

Darío Campos destacou que “son actuacións moi necesarias coas que promovemos e melloramos a calidade de vida dos veciños da provincia, especialmente os do rural, dotándoos dunhas infraestruturas de primeiro nivel e coas que se mellora o seu día a día”.

Máis melloras en estradas

Concello e Deputación de Lugo mellorarán con outros 112.000 euros outros 3.8 quilómetros de 3 vías provincias no municipio lucense, sumando no seu conxunto, un investimento superior aos 222.000 euros. Estas son a LU-P-9207, que vai do Campo da Barra a Coeses; na que se executarán melloras entre o punto 0 e o 1.1; a LU-P-2913,  de Coeses a Terlama, entre o punto 0 e o 1.1; e a LU-P-2920, de Albares a Nadela, tamén entre os puntos 0 e 1,1

Noticias relacionadas