Concello e Deputación fan posible unha nova edición do histórico Rallye San Froilán

Lara Méndez, Darío Campos, Iván Corral e Mayte Vilanova presentaron esta proba automobilística, que celebrará os días 21 e 22 de outubro a súa 38 edición, e que terá un percorrido de 400 quilómetros

Sábado, 15 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación fan posible unha nova edición do histórico Rallye San Froilán

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Ivan Corral, e a viceprsidenta de Escuderia Miño, Mayte Vilanova, presentaron este sábado na Praza da Milagrosa o XXXVIII Rallye San Froilán, organizado pola Escudería Miño co patrocinio do Concello e da Deputación. Ao acto de presentación desta proba deportiva, consolidada no calendario automobilístico, que reunirá durante os días 21 e 22 de outubro a miles de afeccionados ao mundo do motor, tamén asistiron o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo Páez, así como os Alcaldes dos Concellos polos que transcorrerá a proba: Láncara, Pol, Outeiro de Rei e Begonte. Tampouco quixeron faltar a esta cita pilotos lucenses, como Pedro Burgo, gañador en seis edicións do Rallye San Froilán, e Sergio Vallejo, campión nos anos 2010 e 2013.

Durante a súa intervención, a rexedora destacou a importancia desta proba, referente na comunidade e a nivel nacional, coa que colabora o Concello cunha subvención de 25.000 euros. Lara Méndez encadrou esta colaboración da entidade local, na aposta do Goberno polo deporte, en todas as súas modalidades e disciplinas, ao que o  Concello destina 3 millóns de euros para actividades deportivas, competición ou gastos de equipos nos orzamentos deste ano. Así mesmo, quixo agradecer o traballo de Escudería Miño para organizar esta cita, ao tempo que lle desexou moita sorte aos participantes.

Darío Campos tamén fixo fincapé no renome desta competición automobilística, “unha das máis prestixiosas non só da nosa provincia, senón tamén a nivel galego e estatal. Dende que se celebrou por primeira vez no ano 1978 congrega a milleiros de afeccionados que se achegan a vivir a emoción dunha proba única, contando coa participaciónde pilotos da talla de Sergio Vallejo ou Pedro Burgo, que hoxe nos acompañan, ambos os dous con numerosos títulos nas súas vitrinas”.

Percorrido
O 38º Rallye San Froilán, puntuable para o Campionato Galego de Rallyes, consta dun percorrido de 400,56 quilómetros, dos cales 85quilómetros corresponden a oito treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico; está dividido en unha etapa e catro seccións. Así mesmo, o rallye contará con 4 parques de asistencia.

Noticias relacionadas