Concello e Deputación celebran un novo faladoiro feminista este venres, no que se abordará a mercantilización dos corpos das mulleres

Esta é a terceira das 7 charlas e conferencias que organiza a entidade local e a provincial, en colaboración co Foro Feminista Maruja Mallo ata o mes de maio, no Vello Cárcere, baixo a segunda edición da iniciativa dos Faladoiros Feministas

Todas as intervencións son ás 20:00 horas e a entrada é gratuíta ata completar aforo

Xoves, 17 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación celebran un novo faladoiro feminista este venres, no que se abordará a mercantilización dos corpos das mulleres

Concello e Deputación de Lugo celebran un novo faladoiro feminista este venres, no que se abordará A mercantilización dos corpos e a vida das mulleres. Esta é a terceira das 7 charlas e conferencias que organiza a entidade local e a provincial, en colaboración co Foro Feminista Maruja Mallo ata o mes de maio, no Vello Cárcere, baixo a segunda edición da iniciativa dos Faladoiros Feministas. Todas as intervencións son ás 20:00 horas e a entrada é gratuíta ata completar aforo.

Ana de Miguel será a encargada de dirixir este relatorio. Doutora en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, é profesora titular de universidade, na área de Filosolfía Moral e Política, na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid. Dirixe o curso Historia das Teorías Feministas, do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid e desenvolve liñas de investigación relacionadas coas teorías feministas, teorías da democracia, e movementos sociais. Ten publicados numerosos libros e artigos.

A iniciativa dos Faladorios Feministas nace co fin de crear un  un espazo de reflexión e estudo sobre o papel da muller na actualidade, dende un punto de vista feminista. Ata o mes de maio ofreceranse as seguintes charlas: O papel da cultura na (des)igualdade, a cargo de Laura Freixas o 8 de febreiro, Son as mulleres vulnerábeis: pensando a xustiza e a igualdade, a cargo de María Xosé Agra o 15 de marzo; A vida laboral das mulleres, a cargo de Marisa Soleto o 26 de abril e A fábrica social da feminidade, a cargo de Mercedes Expósito, o 24 de maio. 

Noticias relacionadas